HomeCulturaFin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Comeza unha fin de semana na Pobra do Brollón cunha intensa actividade cultural e festiva. A programación arrinca este venres 26 cunha ‘foliada guímara’ na parroquia de Eixón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con temática literaria na que se anima aos asistentes a levar algún libro de segunda man para intercambiar.

Ademais, porase a disposición unha caixa de suxestións para compra de libros da Biblioteca municipal da Pobra do Brollón. Animando a foliada estará o grupo Grolo, dúo de saxofón e guitarra que fan música tradicional fusionado. A comisión de festas de Eixón poñerá barra e caldo comunitario, para o que animan aos asistentes a levar cunca e culler.

O sábado trasládase a festa á parroquia de Vilachá de Salvadur, concretamente á aldea de Trasmonte onde o Furancho O Currio recupera a festa de San Marcos. A xornada comeza ás 12:00 do mediodía cunha alborada e paseo por Trasmonte da man da veciñanza e vermú final en O Currio. Pola tarde, ás 16:30 hai campionato de tute e a partir das 20:00, actuará o Dúo Millenial. Para máis información, o teléfono de contacto é 623464540. 

A actividade da fin de semana péchase o domingo coa obra teatral Boa sorte, mala fama, da compañía Tarabela Creativa. O espectáculo, escrito e dirixido por Carmen Conde, combina narración oral, música ao vivo e interpretación actoral para contar a historia máis incómoda da nosa emigración a través de distintas épocas e persoas.

A obra será ás 19:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ con entrada libre ata completar aforo. O espectáculo conta cunha axuda da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deuptación de Lugo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...