HomeCulturaFina Casalderrey presenta o 3 de maio en Chantada “A muller xabaril”

Fina Casalderrey presenta o 3 de maio en Chantada “A muller xabaril”

A escritora, profesora e xornalista pontevedresa, Fina Casalderrey, presenta en Chantada “A muller xabaril”. O acto terá lugar o venres, 3 de maio, ás 20:00h. no Auditorio Municipal de Chantada. Intervirán ademais da autora, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e o escritor e crítico, Manuel Eyré.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de presentación, aberto ás persoas interesadas, completarase coa actuación da Banda de Música de Chantada.

Fina Casalderrey foi a pregoira da 41 Feira do Viño de Chantada e dese encontro nace esta presentación como explica o concelleiro de cultura, Manuel Diéguez, “No xantar oficial da Feira do Viño falouse da posibilidade de presentar aquí un dos libros de Fina Casalderrey e desde o Concello fixemos todo o posible para que así fora con esta presentación de A muller xabaril”.

Fina Casalderrey presentara na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou nos anos noventa en Chantada o seu premiado libro, O misterio dos fillos de Lúa. A autora, principalmente de literatura infantil e xuvenil, trae a Chantada o 3 de maio a súa primeira novela para adultos na que nos presenta a Adelina, unha muller de apariencia vagabunda e marxinada que agocha unha historia tráxica.

A novela escrita en galego xoga co tempo e viaxa pola circunstancia social da ditadura de Primo de Rivera, a Transición, a II República, a Guerra Civil ou a posguerra.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...