HomeCulturaAberta ata o 21 de maio a inscrición de formación universitaria para...

Aberta ata o 21 de maio a inscrición de formación universitaria para maiores de 50 anos en Monforte

O Concello de Monforte ten aberto prazo ata o 31 de maio para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), por quinto ano consecutivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, para que non é necesario posuír ningunha formación previa específica.

Deste xeito, todos os interesados e interesadas poderán formalizar a súa inscrición gratuíta neste programa acudindo á Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de 9 a 14 horas ou chamando ó 982 402 501.

O Alcalde de Monforte convida a todos os monfortinos e monfortinas, de máis de 50 anos, a inscribirse nos distintos seminarios xa que considera que “é unha forma de desfrutar dunha oportunidade enriquecedora de ampliar coñecementos e tamén unha posibilidade de relacionarse, interactuar e compartir experiencias e inquietudes con outras persoas”.

PROGRAMA “Camiños de coñecemento e experiencia 2024” en Monforte

O programa de seminarios e actividades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre o 23 e o 31 de maio de 2024.

Seminario: “O cine como linguaxe e sesión práctica: Rodaxe dunha curtametraxe sobre os refráns como elementos comunicativos.” 23/05/2024 16:30-20:00 h. Impartido por Álvaro Dosil Rosende, investigador da USC e profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

Seminario: “Astronomía nun día solleiro: os reloxos de sol”. 24/05/2024 16:30-18:00 h. Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

Sesión práctica de construción dun reloxo de sol e aprendizaxe do seu uso. 27/05/2024 16:30-18:00 h Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

Seminario: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable. 28/05/2024 16:30-18:00 h Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.

Obradoiro práctico-xogo: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable. 29/05/2024 16:30-18:00 h Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.

-Seminario: O Parador de Monforte de Lemos. 30/05/2024 17:00-19:00 h Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Percorrido cultural nos alendaños do parador de Monforte de Lemos. 31/05/2024 17:00-19:00 h Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...