HomeCulturaCertames literarios e teatro para celebrar as Letras Galegas en Quiroga

Certames literarios e teatro para celebrar as Letras Galegas en Quiroga

O concello organiza un certame de narración e debuxo, unha viaxe a Santiago para ver unha obra de teatro do Centro Dramático Galego e unha representación teatral no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga ofrece varias actividades estas semanas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Concretamente, vén de presentar un certame de narración e debuxo infantil, organiza unha saída a Santiago de Compostela para ver unha obra teatral producida polo Centro Dramático Galego, e convida a vivir o día propio das letras cunha interesante obra sobre a emigración no Auditorio Municipal.

CERTAME LITERARIO

O certame de narración e debuxo infantís está convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Quiroga na súa fase local. Poden participar todos os nenos e nenas que o desexen con narracións en galego ou debuxos sobre o tema “Ler para pensar, pensar para ser libres”. 

Cada autor e autora poderán presentar cantos traballos desexen. No caso da narración  cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre en bolígrafo e nunca a lapis. E no caso dos debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4.

Con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor en letra maiúscula e entregaranse na Biblioteca Municipal antes do 14 de maio.

Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.  O xurado, formado por persoas  entendidas  na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. O fallo farase público antes do Día das Letras Galegas e os premios consistirán en lotes de libros e diploma.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

A veciñanza quiroguesa terá dúas propostas teatrais en galego moi interesantes para a vindeira semana Unha será a viaxe a Santiago para asistir á representación da última  produción do Centro Dramático Galego “Os actos e as profecías”.

Os veciños e veciñas de Quiroga que desexen asistir, poderán subirse ao autobús o xoves 16 de maio. O autobús partirá ás 15h. da tarde dende a Casa da Cultura, para poder chegar a función que comezará ás 18h. A actividade ten un custe total de 3€, e os/as interesados/as, deben anotarse canto antes na Casa da Cultura a través do 982 43.51.25 ou do correo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es

A iniciativa cultural parte do Centro Dramático do Centro Galego.

SINOPSE

“Os actos e as profecías” é a gran produción central do Centro Dramático Galego deste ano, unha comedia que inventa un universo ao redor dos talent show. Conta cun elenco de 20 actores e actrices baixo dirección de Tamara Canosa, acompañada na dramaturxia por Xacio Baño. A obra que se estreaba no pasado 11 de abril, estará en cartel ata o vindeiro 26 de maio, e durante este mes e medio o Centro Dramático habilitará un autobús dende os distintos puntos de Galicia para poder asistir.

E a derradeira das actividades programadas con motivo das Letras Galegas terá lugar o propio día da celebración, o venres 17 de maio. Trátase da representación teatral a cargo da compañía Tarabela Creativa “Boa sorte, mala fama”.

SINOPSE

Sempre se soubo que as andoriñas son aves de bo augurio e que alí onde aniñan traen fortuna. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as andoriñas, ganamos mala fama, alá onde fomos a buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala.

Esta obra,  que se poderá ver no Auditorio Municipal a partir das oito do serán, está organizada pola Área de Normalización Lingüística, co patrocinio da Área de Cultura Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba...

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...