HomeCulturaO Sacra Festival xa ten datas: 28, 29 e 30 de xuño

O Sacra Festival xa ten datas: 28, 29 e 30 de xuño

Este evento, que combina música e espectáculos de danza e teatro con propostas gastronómicas e actividades relacionadas coa contorna, desenvolverase en diferentes localizacións da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pasada semana presentouse na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a programación do Sacra Festival, dirixido pola artista e xestora cultural, Carlota Pérez. O encontro contou con representación dos patrocinadores do festival, Iria Castro (Responsable do Área de Cultura da Deputación de Lugo), Paloma Vázquez (Xefa de Turismo da Xunta), Encarna Lago (Xerente da Rede Museística de Lugo), Oscar Penín (Secretario da Rede Aldear) e Davide Salvado (Artista Multidisciplinar).

O festival terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño en tres localizacións diferentes: Pincelo, San Xoan da Cova en Carballedo e Chantada. Cunha programación que combina danza, música, teatro cunha clara vinculación co territorio ao que fai partícipe na celebración. Algúns nomes que acompañarán a esta edición son os de: Davide Salvado, Janet Novas, Sue Garrido, Aldao Lado. Ademais, presenta o programa de Cohabitar a creación, un conxunto de talleres para o territorio con creadores como: Oliver Laxe, Mercedes Peón ou Davide Salvado.

A presentación do festival arrincou coa intervención da Responsable do Área de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro recalcou que ‘o compromiso con espremer os orzamentos e as políticas para apoiar a máis de vinte festivais entre os que se atopa o Sacra Festival, co compromiso de revertir a situación de despoboamento e conectar coa xente para que todo o mundo poida acceder a todo tipo de cultura independente de onde viva’.

Durante a presentación do festival, a directora do festival, Carlota Pérez afirmou que “o obxectivo do festival é crear un impacto real no territorio, involucrando á poboación que habita nel para chegar a un público de todas as idades e estratos sociais”. Ademais, este ano inclúese o proxecto Terra Chea, coordinado por Manuel Olveira, que funcionará como un encontro entre profesionais culturais do rural de diferentes rexións co fin de avaliar o estado da cultura nestas áreas. Ambos proxectos apoianse por Gadisa e Corporación Hijos de Rivera coa aposta por propostas locais e vinculadas a sostibilidade do territorio, xerando un impacto positivo no mesmo.

Doutra banda, a Xefa de turismo da Xunta, Paloma Vázquez engadiu que o turismo e a cultura son algo indisoluble, remarcando a importancia dos festivais pequenos con programas coidados nunha época de Macrofestivais. O Sacra Festival desenvólvese nunha aldea na que habitan 8 persoas durante o ano.

Á conclusión do encontro, a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago engadiu: “tecer é desinstitucionalizar e as institucións son as persoas que median nun territorio creando unha avaliación e dando valor a unha maneira real para buscar solucións, sempre coa perspectiva cultural”.

O secretario da Rede Aldear, Oscar Penín recalcou a importancia da configuración da propia Rede como principal activo para capturar activos económicos e converterse nunha das principais entidades que máis inviste en cultura nas provincias do interior. A Rede Aldear coincide co Sacra Festival na posta en valor de que a cultura debe estar ligada ao territorio e á súa xente, presentándoos como o maior activo para que o rural siga sendo un territorio vivo.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...