HomeCulturaConcerto do acordeonista Juan Matías o 18 de maio en Sober

Concerto do acordeonista Juan Matías o 18 de maio en Sober

A actuación, que terá lugar o sábado, 18 de maio, no centro sociocultural de Sober, ás 20:00h., está organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordeonista, Juan Matías, ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde. A actuación enmárcase na Primavera Musical organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello e leva por título ‘A través do reflexo’.

Juan Matías é compositor residente da tempada 23-24 da Red de Músicas, un circuíto musical que vai por todo o país a través de máis dun cento de Asociacións Locais de Mocidades Musicais. Forman parte deste circuíto os novos intérpretes gañadores do Concurso Permanente e tamén os premiados doutros concursos de Mocidades Musicais.

Programa

  • Preludio y fuga en si mayor, BWV 868 – J.S. Bach (1685-1750)
  • De Profundis – S. Gubaidulina (1931-)
  • Étude sur le Chiquilin de Bachin – A. Piazzolla (1921-1992)
  • Nostalgia – J. Guiridi (1886-1961)
  • Gernika – Gorka Hermosa (1976-)
  • Espejismos del alba – Adrian Mokanu (1994-)*
  • Aragón – I. Albéniz (1860-1909)

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...