HomeCulturaPancarta e teatro para festexar as Letras Galegas en Quiroga

Pancarta e teatro para festexar as Letras Galegas en Quiroga

O Equipo de Goberno colocou unha pancarta alusiva ao Día das Letras Galegas no balcón da Casa do Concello e ten programada unha obra de teatro sobre a emigración este venres 17 de maio ás 20:00 h. no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo da celebración das Letras Galegas deste 2024 o Equipo de Goberno do Concello de Quiroga tivo a iniciativa de colocar unha pancarta alusiva no balcón da Casa Consistorial que loce dende este 16 de maio. Esta creación recolle os nomes dos escritores galegos aos que se dedicou o Día das Letras Galegas, resaltando especialmente aqueles que tiveron vinculación con Quiroga, como é o caso de Uxío Novoneira, Anxel Fole ou Manuel María.

Dentro da festividade cultural do 17 de maio inclúese a representación teatral da obra “Boa sorte, mala fama” a cargo de Tarabela Creativa. Esta compañía lucense foi fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde perseguindo dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual, a segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación.

SINOPSE

“Boa sorte, mala fama”, é unha obra de teatro en galego sobre a emigración. Sempre se soubo que as andoriñas son aves de bo augurio e que alí onde aniñan traen fortuna. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as andoriñas, ganamos mala fama, alá onde fomos a buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala.

Unha escena da obra. Foto: Tarabela Creativa.
PROCESO DE CREACIÓN DA OBRA

Durante un ano e medio Tarabela Creativa documentouse para realizar esta obra mantendo numerosas conversas con varios Centros Galegos, coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia ou con asociacións fundadas na diáspora que se ocuparon de abrir escolas en parroquias de todo o país. Consultaron o Arquivo da Emigración Galega, a ducias de emigrantes retornados dende medio mundo a toda a xeografía galega, documentouse con bibliografías e hemerotecas, visitou museos da emigración e conversou coa filla dunha das fundadoras das Nais da Praza de Maio. Recollendo historias de Venezuela, Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba, Panamá, Guinea Ecuatorial, Australia, Bélxica, Suíza, Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Países Baixos, Estados Unidos ou Canadá.

Esta obra, que se poderá ver gratuitamente no Auditorio Municipal a partir das oito do serán, está organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, e conta co patrocinio da área de Cultura Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”

A mostra, que pode visitarse na Praza de España ata o 16 de setembro,...

A cuarta campaña arqueolóxica en Penas do Castelo revela novos achados con importante información

A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón)...

Monforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das...

Augas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e BNG de “non ser capaces de manter o herdado”

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron esta semana o complexo turístico...