HomeCultura4 centros participaron nas Xornadas Profesionais que desenvolveu o IES Daviña Rey

4 centros participaron nas Xornadas Profesionais que desenvolveu o IES Daviña Rey

O IES Daviña Rey celebrou este mércores as xornadas profesionais coa participación de tres empresas de Monforte, Sycime, Agrícola Pérez e Prodeme que falaron da súa experiencia desde o punto de vista do mundo empresarial sobre o mercado laboral para os titulados en FP nas familias profesionais de Elecrónica e Electricidade, Automoción e no eido dos coidados e a Dependencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As empresas monfortinas falaron ao alumnado de paixón polo traballo, de ganas de traballar, de vocación, de formación de calidade nestas titulacións, da gran demanda que teñen de titulados actualmente e de que non encontran xente formada para traballar. Manifestaron tamén a posición de vantaxe destas titulacións en FP fronte ás titulacións universitarias.

Para completar esa visión empresarial estivo tamén Alba Valdés en representación do Polo de Empredemento de Monforte para explicar a posibilidade de facer viable e tanxible unha idea empresarial para estes titulados como emprendedores, viaxe na que desde este Polo de emprendemento acompañan e asesoran para que poda ser posible.

Exalumnado dos Ciclos de Telecomunicacións, de Automoción e de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, do centro anfitrión contou as vantaxes de estudiar FP e a rápida incorporación con estas titulacións ao mundo laboral coa posibilidade de seguir formándose no mundo da FP.

Pechou as xornadas Brais Moure recoñecido programador informático e coñecido youtuber de Monforte, que falou da súa traxectoria profesional con moito humor e paixón, dos seus comenzos e da persecución dos soños de cada quen.

“Durante 2 horas o alumnado da 4º da ESO do IES de Quiroga, Escolapios, do CPR Ferroviario e do IES Daviña Rey, ademais do alumnado deste centro de ciclos escoitou, participou e preguntou nesta actividade de presentación de oferta formativa no noso centro, con moito da paixón que é tan necesaria nestes tempos tan dixitais”, destacan desde o centro. “A todos eles os esperamos no Daviña para dar resposta ás súas necesidades formativas cunha ampla oferta de ciclos”.

Xornadas profesionais IES Daviña Rey / IES Daviña Rey

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...