HomeCultura42 persoas participan no Centro Cívico de Monforte das xornadas de formación...

42 persoas participan no Centro Cívico de Monforte das xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos

A  Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada inaugurou este xoves as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto estivo acompañada pola Directora do Programa Universitario de Maiores, Mª Esther Olveira Olveira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de formación universitaria, que por quinta vez se celebra en Monforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Neste senso, cabe destacar o éxito no número de inscricións, que se cifra en 42 persoas. Nestas xornadas, púidose inscribir calquera persoa maior de 50 anos, de xeito totalmente gratuíto, e non era necesario posuír ningunha formación previa específica.

A Concelleira destacou na súa intervención que “é moi importante que se celebren este tipo de xornadas na nosa cidade, dirixidas á nosa poboación maior de 50 anos, que moitas veces non ten nin os recursos nin a oportunidade de acceder a este tipo de coñecementos”.

Neste senso, concluíu Prada “con este programa garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos, é dicir, contribuímos á democratización do coñecemento entre os nosos cidadáns”.

PROGRAMA “Camiños de coñecemento e experiencia 2024” en Monforte

O programa de seminarios e activades prácticas desenvólvense no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre o 23 e o 31 de maio de 2024. Dito programa conta coas seguintes actividades teóricas e prácticas:

  • Seminario: “O cine como linguaxe e sesión práctica: Rodaxe dunha curtametraxe sobre os refráns como elementos comunicativos.” 23/05/2024 16:30-20:00 h. Impartido por Álvaro Dosil Rosende, investigador da USC e profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
  • Seminario: “Astronomía nun día solleiro: os reloxos de sol”. 24/05/2024 16:30-18:00 h. Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
  • Sesión práctica de construción dun reloxo de sol e aprendizaxe do seu uso. 27/05/2024 16:30-18:00h. Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
  • Seminario: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable. 28/05/2024 16:30-18:00h. Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.
  • Obradoiro práctico-xogo: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable. 29/05/2024 16:30-18:00h. Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.
  • Seminario: O Parador de Monforte de Lemos. 30/05/2024 17:00-19:00h. Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
  • Percorrido cultural nos alendaños do parador de Monforte de Lemos. 31/05/2024 17:00-19:00h. Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...