HomeCulturaO folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

A Asociación Cultural Amigos do Folión organizou este ano, en colaboración co CEIP Xoán de Requeixo, unha actividade para que o alumnado deseñara carteis anunciadores do Folión de carros 2024, divulgando así o valor cultural da festa entre os nenos e nenas de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é tradicional desde, cando menos, o século XIX. Nesta ocasión o alumnado do CEIP Xoán de Requeixo presenta as súas propostas de carteis.

Alumnado e profesorado realizaron unha actividade para que os máis novos deseñaran carteis anunciadores do Folión de carros 2024, incluíndo nas súas creacións algún dos símbolos principais desta celebración como o carro, xugada, oficios tradicionais ou tarefas do campo.

O 24 de maio, tanto autores como os seus profesores Teresa, Jesusa e José Castor fixeron a entrega protocolaria dos traballos a Manuel J. Vázquez Regal, Presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión. O acto tivo lugar na Aula Aberta do CEIP Xoán de Requeixo.

O alumnado entregou un total de 44 carteis. Estes traballos formarán parte da Mostra “O folión de Chantada a ollos da infancia”, que se poderá ver durante o mes de xuño na casa da Cultura de Chantada. Algúns destes traballos feitos polos nenos e nenas serán utilizados, ademais, para deseñar a imaxe do mural sobre o Folión que se fará, por oitavo ano consecutivo, o vindeiro mes de agosto.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...