HomeCulturaLuísa Villalta segundo Olga Novo, este 31 de maio en Quiroga

Luísa Villalta segundo Olga Novo, este 31 de maio en Quiroga

O BNG de Quiroga organiza este venres, 31 de maio, na Casa da Cultura de Quiroga, unha charla sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. A cita é ás 20:30h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A relatora será a profesora, escritora e tradutora da Pobra do Brollón, Olga Novo; Premio Nacional de Poesía no 2020. Olga Novo disertará sobre a vida e obra de Luísa Villalta, establecendo un diálogo coa autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.

Vivir na Poesía, título da conferencia de Olga Novo, alude á idea da experiencia profunda do poético como unha mirada sensible sobre o mundo, asentada na revelación e na música, alicerces da obra de Luisa Villalta, que foi, como é sabido, escritora e violinista.

O BNG de Quiroga convida á participación para coñecer algo máis a esta autora coruñesa que deixou un importante legado literario para as nosas letras; intelectual que ademais coñeceu de primeira man a conferenciante, Olga Novo

ÚLTIMAS

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...

IGV denuncia gastos municipais innecesarios en propaganda da candidatura a Patrimonio Mundial

Segundo a formación política o proceso de candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra...