HomeCulturaSermos O Diario Galego preséntase en Sarria

Sermos O Diario Galego preséntase en Sarria

Nun acto convocado pola FRUGA, que terá lugar este luns na Sociedade Recreativa A Unión, presentarase un proxecto xornalístico para editar un diario en galego.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa desta aventura xornalística vén da man Sermos Galiza S.A., editora que dende hai 6 anos publica o semanario en papel Sermos Galiza e o dixital www.sermosgaliza.gal, e busca chegar ás 3.000 subscricións para poder facer realidade un diario en galego no 2019.

Sermos O Diario Galego publicarase en papel, con 32 páxinas a cor de martes a sábado, contando neste último día cun suplemento de fin de semana con outras 32 páxinas. O Diario sairá 258 días ao ano e alén da edición en papel terá tamén unha edición dixital que se actualizará a miúdo e recollerá parte da información que se publique no formato en papel.

O acto está convocado pola Fruga para o luns 26 de novembro ás 20:00 h na Sociedade Recreativa A Unión de Sarria e contará coas intervencións de Elías Somoza, coordinador da Fruga en Lugo; María Casar, presidenta da A.C. Ergueitos e Manuel Da Cal, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...