HomeCulturaConservatorio na rúa, este 20 de xuño en Monforte

Conservatorio na rúa, este 20 de xuño en Monforte

O Concello de Monforte, organiza a través do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, unha nova edición da xornada Conservatorio na rúa. Terá lugar este xoves, 20 de xuño, entre as rúas Cardenal e Hermida Balado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividades desenvolverase entre as 19:00 e as 20:30h. Será ao aire libre ubicando nestas rúas peonís puntos musicais con distintos instrumentos. Participarán alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras do Conservatorio monfortino.

“Con esta mostra musical ao aire libre pretendemos dar a coñecer a actividade que se realizan no conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público. Procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nestas céntricas rúas” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...