HomeCulturaOs museos de Quiroga amplían o seu horario durante o verán

Os museos de Quiroga amplían o seu horario durante o verán

Durante o mes de agosto de 2024 volven as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, aos museos de Quiroga. Serán todos os xoves de agosto, agás o festivo do día 15, no seguinte horario no Museo Xeolóxico de 11:00 a 12:00 e no Museo Etnográfico de 12:00 a 13:00. A entrada será de balde e non é preciso anotarse. Formarase un grupo na estrada de cada museo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga amplían o seu horario de apertura durante os meses de xullo e agosto. A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permitirá abrir os museos de Quiroga nos seguintes horarios:

  • Museos Xeolóxico e Etnográfico: de luns a venres de 10-14 h.
  • Sábados, domingos e festivos: Museo xeolóxico: de 11-12 e Museo etnográfico: de 12-13 h.

Ademais, calquera día e a calquera hora, organízanse visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas, en visitas concertadas, previa cita no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

O día 2 de agosto, dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga contarase coa actividade “Descubrir Quiroga”, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Lugo. Haberá unha xornada especial: coñece os museos de Quiroga. As rochas que pisamos e os seus sabores, con degustación de castañas, marmeladas e mel, da empresa local Caurelor. Actividade de balde e obrigatoria inscrición na casa da cultura ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...