HomeCultura'CulturON', oferta cultural da Xunta para concellos do sur de Lugo

‘CulturON’, oferta cultural da Xunta para concellos do sur de Lugo

10 concellos das comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos gozarán de propostas culturais e de lecer nas súas programacións deste verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia impulsa este verán unha variada oferta de apoio cultural en 10 concellos das comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos a través do programa CulturON 2024 que abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.

O delegado territorial, Javier Arias, destaca a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia. Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio.

CONCELLOS BENEFICIADOS NOSUR DE LUGO

Na zona sur da provincia impúlsanse eventos en: Chantada, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Entre outras accións impulsadas figuran 14 funcións de teatro, unha decena de  concertos e actuacións musicais, catro espectáculos de maxia e dous de novo circo. 

Entre outros encaixes, as propostas deste programa estarán presentes en eventos como: a Mostra de teatro Maruxa Villanueva de Chantada, o festival dos Eidos e o Filandón de Músicas do Courel, o festival musical 17º Ribeira Sacra, o Sacra Festival ou a Feira do Libro de Monforte.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...