HomeCulturaFin de semana do II festival Brindadeira en Ferreiros, A Pobra do...

Fin de semana do II festival Brindadeira en Ferreiros, A Pobra do Brollón

A parroquia de Ferreiros na Pobra do Brollón será escenario de brindo, regueifa e freestyle esta fin de semana, tras o éxito da primeira edición do festival Brindadeira o pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Brindadeira xurdiu como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do ‘brindo’, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras da Pobra do Brollón.

O II festival Brindadeira, organizado novamente polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa asociación veciñal de Ferreiros, terá lugar este sábado 21 e domingo 21 de xullo.

A programación comeza o sábado ás 19:00 horas no local social de Ferreiros coa charla ‘Brindando na Guimaralia‘, na que se dará conta dos resultados dos obradoiros de brindo que se realizaron na Pobra ao longo de 2023.

A partir das 20:30h continúa a programación no campo da festa de Ferreiros, primeiro con brindo e regueifa a cargo do colectivo Erre que Erre, e despois, a partir das 22:00 h con freestyle liderado por Big Meu e colegas. A festa rematará cunha sesión de Sincereza Dj.

A segunda xornada de Brindadeira, o domingo 21, comeza cun paseo dende o campo da festa de Ferreiros ata Forgas. Alí, na aldea dos afamados brindeiros Veloso, uns dos últimos improvisadores da zona, continuará o festival co remate dun mural colaborativo nunha parede da vivenda familiar. Haberá tamén unha homenaxe musical aos brindeiros de Forgas e vermú. Dende a organización animan aos asistentes a levar o seu xantar para comer de romaría.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...