O historiador e profesor quirogués, Xosé Estévez, presentará o vindeiro mércores, 24 de xullo, o seu novo libro “Manuel María e o Val de Quiroga”. Esta actividade organizada dende a Concellería de Cultura do Concello de Quiroga terá lugar na casa da cultura a partir das 19:00h.
Xosé Estévez é autor de máis dunha ducia de libros e coautor de case medio cento, ademais de ser escritor incansable de artigos periodísticos e participar en conferencias, congresos e simposios.
A súa profunda amizade con Manuel María fai que posúa numerosos escritos enviados polo autor de Sonetos ao Val de Quiroga. Obra que escribiu pola insistencia de Estévez e da que lle enviou unha copia antes da súa publicación para que lle fixese o limiar.
Xosé Estévez é Diplomado en Estudios Eclesiásticos, Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid. Doutor en Filosofía y Letras por la Universidad Deusto, da que foi profesor durante moitos anos; pero sobre todo é un gran historiador de Quiroga. A través dos seus escritos coñecemos lugares e personaxes, moitos deles desaparecidos, que nos dan unha visión da Quiroga dos anos 70 é tamén de importantes persoas vinculadas nalgún momento con Quiroga como puido ser Vicente Vázquez Queipo, inventor das táboas dos logaritmos, e que participou en París na unificación da métrica como hoxe a coñecemos. Xosé Estévez é un incansable estudoso da nosa historia e fiel seguidor da crenza de que “non se ama o que non se coñece”.
