HomeCulturaMonforte celebra o Carude Rock o 9 de agosto

Monforte celebra o Carude Rock o 9 de agosto

O barrio de Carude, en Monforte, encherase de música rock o 9 de agosto. O deputado de Mocidade Daniel García mantivo un encontro con representantes da organización do festival Carude Rock para coñecer os preparativos que se levan a cabo para a xornada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Carude Rock comezará ás 20.30 horas coa actuación dos grupos Deloreans, 7 Rojo, Zënzar y Mártires del rock&roll. García destacou a importancia de achegar os diferentes estilos musicais a toda a provincia “como activo cultural. O Carude Rock é unha mostra máis do traballo levado a cabo polos colectivos lucenses, que buscan alternativas de lecer para os seus veciños e veciñas pero tamén impulsan a economía e colabora co tecido comercial e hostaleiro achegando visitantes”. As difentes actuacións son de balde.

“Valoramos tamén a aposta por bandas galegas e a música en galego, presente con Zënzar. Seguimos necesitando ampliar os escenarios e os altofalantes para as nosas artistas e para a nosa lingua”, defendeu o deputado.

O festival Carude Rock súmase á oferta musical que, dende a Vicepresidencia da Deputación, conta con colaboración e apoio para impulsar a actividade e promover a música entre a sociedade lucense. Dende a organización agardan atraer a centos de persoas para gozar do rock dende a Praza de Carude.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...