HomeCulturaCoñeces o roteiro de murais e os museos de Quiroga?

Coñeces o roteiro de murais e os museos de Quiroga?

O concello organiza esta semana 2 actividades para coñecelos dentro do programa turístico ‘Descubrir Quiroga’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 31 de xullo está programado o ‘Roteiro da Arte Urbana de Quiroga’, unha actividade guiada por un traballador do concello que dará a coñecer ás persoas interesadas os 11 murais cos que conta na actualidade o núcleo urbano da vila. Está prevista unha pequena parada e cada un deles para ofrecer aos participantes información sobre o mesmo.

O punto de encontro do roteiro será ás 20:00 h. no Auditorio de Quiroga sendo o percorrido en dirección á Casa do Concello. Ao remate, na Casa do Estanco haberá unha cata de viño cara as 21:00 h.

E como remate da actividade o concello ten tamén programado un concerto de balde no anfiteatro do Auditorio de Quiroga, actuación a cargo da banda local ‘Mario Colomán & The Clocksband’ ás 22:00 h.

Para participar no roteiro guiado e na cata cómpre anotación previa chamando ao 982 435125 ou enviando un email a cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es

COÑECE OS MUSEOS DE QUIROGA

Na mesma semana, pero xa o 2 de agosto, o concello convida a coñecer os museos etnográfico e xeolóxico facendo un percorrido diferente. O punto de encontro será no Museo xeolóxico ás 9:00 h. e a actividade é de balde. Como remate, nesta ocasión haberá unha degustación de produtos locais da man da empresa Caurelor.

Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga. Foto: Ramón Vila

Para formar parte desta actividade, tamén de balde, hai que inscribirse chamando ao 982 435125 ou enviando un mail a cultura.quiroga.quirofga@eidolocal.es

As dúas actividades forman parte do programa turístico ‘Descubrir Quiroga’, que organizan as concellerías de Cultura e Turismo do concello, e que está financiado pola Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...