HomeCulturaA curtametraxe "La Buena Elección" do Colexio Escolapios gaña o Emove Festival

A curtametraxe “La Buena Elección” do Colexio Escolapios gaña o Emove Festival

Este é o segundo ano consecutivo que este centro escolar resulta premiado neste prestixioso certame, por canto "La Chica de la Ventana" foi a curta vencedora na mesma categoría da pasada edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A curtametraxe “La Buena Elección” do Colexio Escolapios de Monforte vén de gañar a 9ª edición do Festival Internacional Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais (emovefestival.com/) na categoría de 2º ciclo de ESO. A gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro 19 de outubro en Valencia.

O ano pasado “La Chica de la Ventana” foi a curta vencedora na mesma categoría da pasada edición. Ambos proxectos foron titorizados polo profesor monfortino, Javier Saco, quen leva desempeñando esta labor creativa desde fai varios anos como parte do proxecto educativo “El Rincón de Leonardo”:  (https://www.elrincondeleonardo.com/,) un espazo alternativo no que a xente nova poida atopar referencias que lles axuden na súa formación humana e contribúan positivamente ao seu benestar emocional, sendo o propio alumnado quen elabora e participa en moitos destes contidos.

A curtametraxe, La Buena elección

‘La Buena Elección’ pretende sensibilizar sobre os graves problemas anímicos que poden chegar a padecer os adolescentes sometidos a situacións penosas e inxustas, fomentando a súa propia capacidade de resiliencia, pero tamén o respecto e empatía cara os demais.

A curta ten un forte arraigo con Monforte, posto que foi rodada integramente en distintos puntos de esta localidade. Está dedicada a título póstumo a un actor monfortino, Mario Roldán. Ademais, na súa banda sonora figuran dúas pezas cedidas por artistas con raíces monfortinas como Sara Burgo (integrante do grupo ‘Bleset’) e a pianista Aida Saco Beiroa.

O titor do proxecto destaca a extraordinaria contribución de todo o alumnado participante e as facilidades proporcionadas polas súas familias, nun traballo moi complexo que se prolongou ao longo de todo un curso fóra do horario lectivo.

A enorme ilusión por sacalo adiante, así como o grande espírito de equipo e de sacrificio manifestado polo alumnado fixo posíbel rematalo sen renunciar a ningunha das partes do guión inicial, o cal semellaba moi complexo.

Este recoñecemento colleitado por esta curta únese á mención honorífica recibida en 2022 no certame Cineduca que organiza o Ateneo de Santiago.

A curta está dispoñíbel en https://www.youtube.com/watch?v=YFoHiNhvzfo

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...