HomeCulturaEn marcha o Servizo de Normalización Lingüística de Quiroga e Ribas de...

En marcha o Servizo de Normalización Lingüística de Quiroga e Ribas de Sil

O horario e teléfono  de atención ao público será na Casa da Cultura de 9:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.; o número de contacto para calquera consulta é o 982435125.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga pon en marcha este novo servizo, que conta cunha persoa contratada. Para a súa posta en marcha contouse cunha subvención concedida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2024, e funcionará de xeito compartido co Concello de Ribas de Sil

“O obxectivo do mesmo é estar a disposición dos  servizos municipais dos Concellos de Ribas Sil e Quiroga para desenvolver tarefas de asesoramento e normalización lingüística, pero tamén se buscará que se poidan atender necesidades de asociacións culturais, do comercio e das empresas que o precisen”, explica o concelleiro responsable, Xosé Manuel Fernández.

O Concello de Quiroga traballa tamén na consecución dunha formación preparatoria para as probas de coñecemento CELGA que se convocan anualmente. Calquera persoa interesada pode xa dirixirse a este servizo, que estará situado na Casa da Cultura, para anotarse como demandante destes cursos.

      

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...