HomeMedio ambiente e PatrimonioEste luns preséntase o libro "Antigo Folión de Carros e outras particularidades...

Este luns preséntase o libro “Antigo Folión de Carros e outras particularidades para facer memoria das festas de Chantada”

Este luns, 19 de agosto, ás 20:00h. no Muíño da Alameda de Chantada, preséntase esta publicación. No acto intervirán o presidente e vicepresidenta da asociación Amigos do Folión, Manuel Vázquez Regal e Tamara Prado, respectivamente, o concelleiro de cultura Manuel Diéguez, ademais do autor, Xavier Viana Álvarez. Para finalizar o acto unha sección de metais da banda de música de Chantada tocarán unhas pezas musicais escollidas especificamente para esta presentación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro aborda o Folión de Carros de finais do século XIX e boa parte do século XX a través das referencias que aparecen na prensa histórica local e rexional. Na súas páxinas recompílanse unha boa parte dos programas e crónicas das festas de Chantada, nos anos que se celebrou Folión de Carros, desde 1877 a 1964. Pódense encontrar, por tanto, como eran as festas daquela, nomes das persoas que formaban as comisións de festa, números e celebracións que nin sequera imaxinamos puideran existir en Chantada, etc.

Folión 1971 3º premio

Coméntanse tamén aspectos sobre as orixes do Folión de Carros de Chantada, para intentar desmontar a crenza infundada da súa orixe urbana e medieval, afirmación sostida reiterativamente nalgunha prensa recente. Esta análise inicial relaciona este Folión con outros Folión da zona, algúns deles desaparecidos, como é o caso dos Folións con Carros que se celebraron en Monforte no século XIX. Recoñécese tamén a tres intelectuais chantadinos como impulsores e divulgadores do valor cultural do Folión de Carros por medio da creación literaria e xornalística: José Costa Figueiras, Xesús Fernández González e Ánxel Gómez Montero.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...