HomeCulturaO estudoso monfortino Felipe Aira presenta "150 crónicas monfortinas"

O estudoso monfortino Felipe Aira presenta “150 crónicas monfortinas”

O historiador monfortino, Felipe Aira, presentou este martes no Ateneo Casino de Monforte o libro, "150 crónicas monfortinas". Ao acto acudiron numerosas persoas, entre elas o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro, editado pola editorial Agrasar Editores, en colaboración con La Voz de Galicia, percorre a historia de Monforte a través das investigacións de Felipe Aira, cuxos artigos publícanse semanalmente no mencionado xornal con gran acollida entre os seus lectores.

O alcalde puxo en valor os artigos de Aira, que rescatan do esquecemento historias de traballadores monfortinos, de edificios emblemáticos, de establecementos que xa non existen, de acontecementos sociais e de época, etc., en definitiva, que rememoran feitos e acontecementos do pasado monfortino que, a través deste libro, forman xa parte da historia da cidade.

O acto foi presentado polo xornalista Luis Díaz e polo ex-presidente de la Audiencia Provincial de Lugo, Edgar Cloos. O salón do Casino Ateneo encheuse completamente, tanto de monfortinos como de diversas autoridades dos eidos máis representativos da cidade e da comarca, que non se quixeron perder este encontro con Felipe Aira.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...