HomeCulturaConvivio emocional e cultural á beira dun gran piñeiro

Convivio emocional e cultural á beira dun gran piñeiro

O pasado 24 de agosto tivo lugar na aldea de Piñeiros, no Concello da Pobra do Brollón, un acto cultural libre e non subvencionado bautizado hai tres anos como 'A Memoria do Piñeiro'. Entre outros e outras, interviron Olga Novo e Séchu Sende.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Hai tres anos nacía o proxecto ‘A Memoria do Piñeiro’ na aldea de Piñeiros, parroquia de Castroncelos, no Concello da Pobra do Brollón. Trátase, en palabras de Olga Novo, “dun proxecto de cultura emocional que xira arredor do recordo da veciñanza dos pequenos lugares da parroquia de Castroncelos”. Un evento que se desenvolve a carón dun gran piñeiro que serviu na Idade Media de lugar de xuntanza comunal, e que se converte, recollendo as palabras da intelectual de Vilarmao, nun “espazo de convivio cultural”.

Un dos momentos da ‘Memoria do Piñeiro’ e unha panorámica do público presente. Foto: Regueifa Tour.

Impulsado desde o seu comezo por Mónica, veciña de Piñeiros, conta coa colaboración desinteresada de diferentes autores, autoras e artistas –creadores e creadoras libres– que expresan a súa obra literaria e/ou musical dedicada á memoria baixo a inmensa e máxica árbore. Por este natural escenario pasaron estes anos intelectuais e artistas como Lois Diéguez, Luis Caruncho, o Bruxo Queiman, Xico de Carinho, Xurxo Ayán ou Su Garrido.

Este ano formaron parte do cartel o pasado sábado 24 de agosto: Sèchu Sende, Olga Novo, As Moíñas e Eugenia Sanmartín. Acabou participando máis xente, habendo lugar para as regueifas e os brindos, e tamén para unha demostración de fiado de la.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...