HomeCulturaIII Encontro SoundSystem da Terra Brava, Tremeterra, esta fin de semana no...

III Encontro SoundSystem da Terra Brava, Tremeterra, esta fin de semana no encoro de Vilasouto

A cita organizada pola Asociación Cultural Sonsistema de Santiago e a Asociación Cultural Tremeterra do Incio conta co apoio do Concello do Incio como principal patrocinador.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio colabora un ano máis co III Encontro SoundSystem da Terra Brava, o Festival ‘Tremeterra’, que se vai celebrar na contorna do encoro de Vilasouto os días 30 e 31 de agosto.

A terceira edición desta cita musical vai contar con obradoiros, debates abertos e música en vivo, todo de balde. No cartel deste ano volven figurar artistas internacional procedentes de diversos países, como Francia ou Reino Unido e tamén artistas da terra. Entre eles, Weeding Dub, Mr Zebre, Lwis Bennet, Radikal Guru ou Chapamama.

Tamén haberá un taller de iniciación ao ioga e unha mesa aberta sobre a cultura soundsystem e un obradoiro que versará sobre a igualdade nos festivais, que vai estar impartido por Inés Cebreiro, educadora especialidade en igualdade.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, deu a coñecer hoxe o cartel do evento, acompañado por algúns dos organizadores entre os que se atopan, Jessica Moledo, Gael Núñez e Pedro Estévez. O rexedor destaca “o poder desta cita cultural que se consolida ano tras ano”.

O festival Tremeterra, que naceu no ano 2022, reuniu nas súas anteriores edicións a numeroso público para gozar da música dub e sound system.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...