HomeCulturaO Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio pecha este 31 de...

O Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio pecha este 31 de agosto o ciclo de concertos na terraza con The Cruze

Desde o Rock n' Roll dos 60 ata o 2000, nun concerto de The Cruze revívense os clásicos que máis nos teñen marcado. Entre o seu repertorio aparecerán aquelas versións que representan momentos relevantes das nosas vidas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro día 31 de agosto, como remate ao ciclo de concertos na terraza do Hotel Restaurante Las Vegas (San Clodio), haberá unha actuación da banda coruñesa The Cruze ás 23:00 h.

A xerencia deste establecemento fai balance destes 2 meses e conclúe que “os meses de xullo e agosto nótase moito a chegada de familiares, visitantes e turistas por esta zona polo que as actuacións tiveron moi boa acollida enchéndose a terraza”. E continúa “o resto do ano xa non se pode facer o mesmo porque pechamos a terraza e non temos asistencia que cubra os eventos”.

Así, logo, para este sábado volve o rock & Roll á pista da man de The Cruze, banda da Coruña, na que os seus membros comparten a paixón pola música. Levan anos gozando e esforzándose para que toda esa enerxía chegue ao público nos seus directos, cunha traxectoria de máis de 17 anos enriba dos escenarios.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...