HomeCulturaDécimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

Dende a organización detallan que nesta décima edición se busca homenaxear a historia recente da música galega: o rexurdir no post-franquismo con Fuxan os Ventos, a procura de novas sonoridades dos primeiros 2000 con Mercedes Peón, a recollida e instrumentación con Xisco Feijoó e o momento actual representado por Maricarme.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón, celebra dez anos. Terá lugar a última fin de semana de setembro cun cartel moi completo: o sábado con concertos de Mercedes Peón e Maricarme, unha alborada-vermú e mais obradoiro de baile con Xisco Feijoó, e o venres cunha conversa musicada con Fuxan os Ventos.

É unha edición de aniversarios, na que se cumpren 10 anos do festival, e tamén os 50 anos de Fuxan os Ventos e 20 anos dende a publicación do primeiro disco de Mercedes Peón a través do seu espectáculo Ingrávida.

As Cores do Outono é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón que conta con financiamento da Deputación de Lugo a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos e máis da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.

“As Cores de Outono forma parte dunha estrutura provincial que resignifica a música e a cultura galegas xunto con encontros como a Foliada da Fonsagrada, Pardiñas ou a Noite Meiga”, apunta a deputada de Cultura, Iria Castro. E engade, “vivimos un importante momento cultural no que a xente nova se identifica coa tradición e ten incorporado ao seu léxico festivo, por exemplo, o baile tradicional”.

“Procuramos espectáculos para todos os públicos, en diversos espazos, cos que tamén deslocalizamos o festival coa actividade en Canedo”, comenta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

Na parroquia de Canedo, aproveitando que están en festas, comeza a programación do sábado. Será a partir das 11:00 h da mañá cunha alborada-vermú con Xisco Feijoó, na que interpretará pezas froito da intensa labor de recollida que leva feito ao longo da súa carreira. Anímase a que os asistentes leven instrumentos para participar da alborada.

O mesmo Xisco Feijoó dará o sábado pola tarde un obradoiro de baile tradicional. Será ás 18:00 h na Praza da Condesa, no núcleo histórico da Pobra do Brollón. Durará dúas horas, comezando por iniciación e rematando con perfeccionamento. As persoas interesadas deben anotarse no teléfono 650 624 828, xa que as prazas son limitadas.

O sábado á noite serán os concertos, comezando ás 21:00 h con Maricarme, formación que xunta tres recoñecidas caras do panorama musical galega: Antía Ameixeiras, Cibrán Seixo e Migui Carballido. O resultado é un folk orixinal e poderoso que mestura voz, instrumentos e sonoridades máis electrónicas, dende a tradición oral ás composicións propias e moi bailables.

A música continúa co espectáculo Ingrávida, no que Mercedes Peón festexa os 20 anos dende a publicación do seu primeiro disco, Isué. Será unha festa musical a cabalo do acústico e da electrónica na que homenaxea a creación colectiva. Peón estará acompañada no escenario por unha grande elenco de mulleres artistas: As Xirifeiras, Caamaño&Ameixeiras, Mónica de Nut, Raigañas de Cerqueda, Galíricas, Icía Varela, Gisela Sanmartín e Ana Fernández.

En tanto no pobo medre

Con motivo da exposición ‘Fuxan os Ventos. 50 anos de historia‘ que está a percorrer Galicia, na 10ª edición de As Cores do Outono contarase cunha charla e proxección fotográfica arredor deste grupo fundamental na historia da música galega.

Será o venres 27 ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e participarán varios integrantes de Fuxan os Ventos ademais de moitas sorpresas musicais

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...