HomeCulturaDanse a coñecer os premiados do 'I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela...

Danse a coñecer os premiados do ‘I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións’

Dúas eran as categorías para as que se convocaba á participación, maiores e infantil, outorgándose tres gañadores/as por cada unha delas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a convocatoria, meses atrás, do I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións, 30 foron os relatos presentados para a categoría de maiores, mentres que na categoría infantil concorreron 4.

O xurado estivo composto por: Luis Castro Macía, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa; Xulia Rodríguez Guntiñas, licenciada en Filoloxía Románica; e Pilar Silvosa, licenciada en Filoloxía Hispánica.

Reunido o xurado, tras a valoración por separado das obras presentadas, compararon as puntuacións individuais para calcular as medias finais de cada relato e así determinar os/as gañadores/as das categorías a concurso. A continuación damos conta dos mellores traballos a criterio do devandito xurado.

RELATOS GAÑADORES CATEGORÍA DE MAIORES

1º POSTO: “A Porta do Medio”, de Xesús Alfonso Parada Jato.

2º POSTO: “Meiga Lin”, de Pilar Sánchez Martínez.

3º POSTO: “Donante”, de Sonia Corral Franco.

RELATOS GAÑADORES CATEGORÍA INFANTIL

1º POSTO: “Las Aldeas Escondidas”, de Lucía Rodríguez.

2º POSTO: “El Dragón y el Caballero”, de Xoel Tumai Álvarez Moreno.

3º POSTO (Compartido): Eva Victoria Freire Roldán e Gabriela Rodríguez Cerezales.

O xurado destacou a alta calidade literaria de todos os relatos presentados, tanto na categoría de maiores como na infantil, e felicitaron a todos/as os/as participantes, en especial ás/aos gañadoras/es.

PREMIOS

Categoría Infantil: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€

Categoría Adultos: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€

Os premios poden trocarse por material escolar, libros ou artigos da Libraría Pelayo. Se hai máis de 30 relatos, publicaranse pola Editorial organizadora no mesmo formato que foron recibidos e distribuirase gratuitamente un exemplar aos participantes.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...