HomeCulturaQuiroga organiza unha viaxe o 19 de outubro para ver a obra...

Quiroga organiza unha viaxe o 19 de outubro para ver a obra “Terceiro Acto” do Centro Dramático Galego

As persoas interesadas en participar deben anotarse no Centro Social, ou ben chamar ao teléfono 982.43.50.98, antes do 30 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga, a través das Concellarías de Servizos Sociais e Normalización Lingüística, programa unha viaxe a Santiago de Compostela, o sábado 19 de outubro, para asistir a unha función  do Centro Dramático Galego.

A obra que se representará, “Terceiro Acto”, é un dos  espectáculos da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego que complementa esta oferta teatral cun “Programa de Mobilidade”; cumprindo co obxectivo de achegar as súas producións ao público de toda Galicia ofrecendo o desprazamento de balde.

O Concello de Quiroga, dispón de 15 prazas. O autobús sairá da Casa da Cultura sobre as 10:00H e a función terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 18:00 h. Durante o tempo libre ata a hora da función os participantes farán unha visita ao casco vello da cidade e comerán pola zona. A comida pode ser en grupo ou ben cada un pola súa conta.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...