HomeCulturaO mosteiro de Samos acolle este 28 de setembro ás 20.00h un...

O mosteiro de Samos acolle este 28 de setembro ás 20.00h un concerto da formación Malandança

O ciclo, que pretende levar a música medieval a emprazamentos singulares e representantivos desta etapa histórica nas distintas comarcas, programará outro concerto na igrexa románica de San Pedro de Bembibre, en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mosteiro de Samos acollerá este sábado -28 de setembro- , ás 20.00 horas, un concerto da formación Malandança, especializada en música medieval, que emprega instrumentos contruídos a partir dos representados no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela e que interpretará un formado por cantigas de Santa María , escritas na corte de Afonso X durante o século XIII.

A especial sonoridade dos instrumentos e o recoñecido virtuosismo dos intérpretes que forman Malandança -Esperanza Mara, Manuel Vilas, Diego Rojo, Xurxo Varela, César Arias e Francisco Luengo, acompañados pola narración de Charo Pita – definen o concerto, que forma parte do Ciclo de Música Medieval Lugo: De Trovas e Cantigas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que conta, neste caso, coa colaboracion do Concello de Samos.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...