HomeCulturaA exposición “Viaxe interior de Pedra e Auga” inaugúrase este venres en...

A exposición “Viaxe interior de Pedra e Auga” inaugúrase este venres en Chantada cunha homenaxe á Ribeira Sacra do Miño

A inauguración farase este venres, 4 de outubro, ás 18:00h. con entrada libre e gratuíta. Para o acto contarase cunha degustación de produtos gastronómicos de empresas locais que colaboran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O fotógrafo galego, Xaime Cortizo, con longa traxectoria na fotografía e na comunicación visual, trae a Chantada a exposición “Viaxe interior de Pedra e Auga”, que se poderá ver na Casa da Cultura de Chantada durante todo o mes de outubro. 

A mostra reúne unha vintena de fotografías que simbolizan a viaxe interior do autor na procura constante de beleza e harmonía, desde os seus inicios na fotografía con imaxes analóxicas únicas, ata paisaxes da Ribeira Sacra do Miño, onde actualmente é viticultor, tamén con imaxes simbólicas de lugares singulares e por último, imaxes da guía Gárgolas de Compostela. Cortizo explora así a relación entre o ser humano e a súa contorna, cun enfoque especial no patrimonio natural e cultural de Galicia, resaltando o aspecto humano.

A inauguración farase este venres, 4 de outubro, ás 18:00h. con entrada libre e gratuíta. Para o acto contarase cunha degustación de produtos gastronómicos de empresas locais que colaboran: queixos Airas Moniz, embutidos Landra, galletas mariñeiras Daveiga, Castañas Naiciña e galletas Sacrapastas. Para o brinde inaugural contarase con viños de Roberto Regal. Con todo preténdese facer unha homenaxe á Ribeira Sacra do Miño e poñer en valor todo o seu potencial. Como parte do acto inaugural, o autor aproveitará para presentar a publicación Gárgolas de Compostela, obra de Benxamín Vázquez con fotografías de Xaime Cortizo, que se poderá adquirir durante o evento.

A mostra fotográfica “Viaxe interior de Pedra e Auga”, cuxas pezas están á venda para as persoas interesadas, poderá visitarse na Casa da Cultura de Chantada de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...