HomeCulturaCompromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten investido preto de oito millóns de euros dirixidos á conservación e posta en valor de máis de 40 bens deste territorio das provincias de Ourense e Lugo

Publicado o

- Advertisement -

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da Xunta na recuperación do patrimonio cultura da Ribeira Sacra para potenciar a súa candidatura a Patrimonio Mundial para a Unesco.

Unha aposta, detallou a Xunta nun comunicado, na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten investido preto de oito millóns de euros dirixidos á conservación e posta en valor de máis de 40 bens deste territorio das provincias de Ourense e Lugo.

A directora xeral asistiu este xoves á presentación de mecanización dos relicarios da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Ourense.

Neste sentido, subliñou que “o importante investimento preto aos 300.000 euros” que nos últimos anos ten realizado o departamento de Patrimonio Cultural da Xunta para a restauración e conservación deste Ben de Interese Cultural.

En concreto, para obras na sancristía e o coro da igrexa, que foron cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...