HomeCulturaO Conselleiro de Cultura visita en Chantada as obras da nova biblioteca...

O Conselleiro de Cultura visita en Chantada as obras da nova biblioteca que rematarán a finais de ano

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este venres as obras de rehabilitación que a Xunta de Galicia e o Concello de Chantada están a impulsar nun inmoble da zona vella co obxectivo de trasladar alí a Biblioteca Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras, executada ao 80%, está previsto que rematen para finais de ano, lévanse a cabo a través dun convenio de colaboración entre as dúas administracións polo que o Goberno galego inviste neste ben 300.000€, o 51% do orzamento total.

Na súa visita, xunto co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o responsable autonómico de cultura afirmou que esta achega encádrase no “noso compromiso con facilitar que a actividade cultural estea ao alcance de todos os galegos e galegas, sexa cal sexa o seu lugar de residencia, en liña cos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que entrará en vigor este mesmo ano”. Neste senso, destacou o “papel fundamental que teñen os equipamentos deste tipo no acceso ao coñecemento da cidadanía”.

Na visita, o responsable autonómico de Cultura puido comprobar o aproveitamento que se está a facer dunha edificación tradicional para convertela nun espazo modelo en materia de accesibilidade e que cumprirá, subliñou, “coas necesidades dunha veciñanza que a bo seguro vai gozar das posibilidades culturais que se abren con esta nova sede da Biblioteca Municipal”.

O espazo da nova biblioteca situado no trazado do Camiño de Inverno, na rúa Formoso Lemos, ademais de dar un servizo cultural á zona, tamén terá a posibilidade de ser un punto de visita importante para os peregrinos que percorren esta ruta ao seu paso polo municipio.

O edificio, que recibiu unha partida de 300.000€ distribuídos en tres anualidades (2022, 2023 e 2024) por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, distribúese en dúas plantas, recuperando elementos primitivos e eliminando outros que foron engadidos ao longo do tempo á construción inicial. Desta maneira, o proxecto que se está a levar a cabo aposta por un deseño tradicional e integrado na contorna pero cunha funcionalidade propia do noso tempo, o que permitirá mellorar o desenvolvemento da actividade e optimizar os recursos da biblioteca en beneficio das persoas usuarias.

Visita Conselleiro Cultura nova biblioteca Chantada / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...