HomeCulturaActuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

Dende o Servizo de Normalización Lingüística, creado con carácter temporal entre os Concellos de Quiroga e Ribas de Sil, promóvese unha actividade dobre para fomentar o uso do galego tendo como protagonista á Regueifa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a cabo en Quiroga co alumnado de 5º e 6º de Primaria dos dous concellos; e agora, farase unha actuación de Regueifas no Concello Ribas de Sil.

A demostración desta enxebre tradición cos regueifeiros Lupe Blanco e Suso de Xornes -que fai posible Oral de Galicia co patrocinio da Concellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia- celebrarase o venres, 11 de outubro, ás 19:00 h no salón de actos do Concello de Ribas de Sil.

Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, e Roberto Castro, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, convidan á participación “para coñecer en vivo, da man de 2 grandes regueifeir@s do país, unha das tradicións orais máis importantes que temos. Animamos tamén aos cativos e cativas que estiveron no obradoiro de setembro a que veñan en familia a ver o espectáculo en directo”.

A regueifa é a manifestación máis estendida en Galicia da secular arte popular da improvisación oral en verso, da que se atopan referencias desde a Antiga Grecia. Este feito levou a entidades, como por exemplo ‘Oral de Galicia’, a recuperar esta tradición, difundila con obradoiros e actuacións e incluso colaborar na celebración do Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso que organiza en Vigo anualmente o Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...