HomeCulturaO 16 de outubro Pantón sóbese ao autobús do teatro

O 16 de outubro Pantón sóbese ao autobús do teatro

O Concello de Pantón participa do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego e este 16 de outubro viaxa a Santiago de Compostela para ver a obra "Terceiro Acto".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O autobús que levará aos veciños e veciñas de Pantón sairá ás 14:45h de diante do BBVA. A cita será ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela, para asistir á representación da obra “Terceiro Acto”. O horario de regreso será ás 20:30h.

Para completar a programación deste mes de outubro, o Concello de Pantón prepara outras actividades. Por unha banda, o departamamento de Cultura organiza para o sábado, 19 de outubro, a ruta do Xanarteiro. Trátase dunha ruta circular que comezará ás 10:00h na Lama do Curro, para percorrer case 7 quilómetros dunha dificultade media-baixa. Máis información no teléfono 982 45 63 77.



Doutra banda o Concello de Pantón ten prazo de inscrición aberto para participar nunha nova edición do obradoiro de Técnicas de Traballo Intelectual. A actividade, dirixida principalmente á veciñanza de máis idade, desenvolverase os mércores en horario de 17:30h a 19:000h, comezando o 23 de outubro. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou no teléfono 982 45 63 7

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...