HomeCulturaÉxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Éxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Foi o pasado venres, 11 de outubro, no Salón de Actos da Casa do Concello. Organizaban conxuntamente o Concello de Ribas e Sil e o Concello de Quiroga dentro dun programa de Normalización Lingüística financiado pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o título de “Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga, tivo lugar en San Clodio, o pasado 11 de outubro, unha actuación de improvisación oral que encheu o salón de actos da Casa do Concello de Ribas de Sil.

Roberto Castro, Tenente-Alcalde e Concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, e Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, foron os encargados de presentar a actividade, realizada dentro do ciclo de propostas para fomentar o uso do galego que se incluiron nun Servizo de Normalización Lingüistica creado conxuntamente polos dous municipios.

Roberto Castro e Xosé Manuel Fernández, na presentación. Foto: RMTQ

Lupe Blanco e Suso de Xornes, dous expertos regueifeiros galegos, foron os encargados de entreter á veciñanza dos dous concellos que se achegaron a ver un espectáculo que resultou novidoso para moitas e moitos dos presentes. Aínda así, quedaron encantados, e gozaron non só cos piques entre Lupe e Suso, senon coas referencias retranqueiras que fixeron cara ao público meténdose, sempre con respecto, con eles.

Os regueifeiros chegaron da man da asociación Oral de Galicia e a actividade estivo patrocinada pola Xunta de Galicia que financiou a creación do Servizo de Normalización devandito.

regueifa é a manifestación máis estendida en Galicia da secular arte popular da improvisación oral en verso, da que se atopan referencias desde a Antiga Grecia. Este feito levou a entidades, como por exemplo ‘Oral de Galicia’, a recuperar esta tradición, difundila con obradoiros e actuacións e incluso colaborar na celebración do Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso que organiza en Vigo anualmente o Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...