HomeCulturaEste 17 de outubro no Multiusos de Monforte cita teatral con "O...

Este 17 de outubro no Multiusos de Monforte cita teatral con “O dragón de ouro”

Este xoves, 17 de outubro, ás 20:15 no Edificio Multiusos de Monforte terá lugar unha nova representación teatral para adultos, O dragón de ouro, da compañía Sarabela Teatro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra con autoría de Roland Schimmelpfenning, está dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e cun elenco artístico conformado por Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja. É unha peza incluída no Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta.

A obra sitúa ao espectador nunha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés – Chinés – Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

O Dragón de ouro, é unha das obras deste autor máis representadas en todo o mundo. Mesmo hai unha adaptación á ópera. Esta vai ser a primeira vez que poidamos escoitala e vela en galego. A obra sitúa o tema nun novo contexto e entusiasma a espectadores e espectadoras polo áxil cambio de roles. Os momentos humorísticos con paradoxos, debuxan un interesante retrato sobre os inmigrantes ilegais e a súa explotación no mundo occidental.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto, será Desexo, da compañía Talía Teatro, que terá lugar o xoves, 7 de novembro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

























































Continúa a programación de teatro
ideada polo Equipo de Goberno de Monforte, este xoves 17 de outubro con O dragón de ouro, da compañía Sarabela Teatro

-O
Concello de Monforte continúa co desenvolvemento do seu ciclo de teatro correspondente
ó segundo trimestre deste ano 2024, este xoves 17 de outubro no Edificio
Multiusos a partir das 20.15 horas.


unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de
3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

 

Monforte de Lemos, 14 de setembro de 2024. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte programa para este xoves 17
de outubro ás 20:15 no Edificio Multiusos
unha nova obra de teatro, dentro
do ciclo correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024, coa posta en escena
da obra para adultos O dragón de ouro, da
compañía Sarabela Teatro, obra coa
autoría de Roland Schimmelpfenning, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e cun
elenco artístico conformado por Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela
Gago, Fran Lareu e Fina Calleja. É unha peza incluída no Ciclo da Rede de
Teatros e Auditorios da a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta.

É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada
xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un
mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida
rápida Tailandés – Chinés – Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de
residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo
mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o
seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu
amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución.
Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu
na súa sopa tailandesa.

 

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non
gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

 O Dragón de ouro, é unha das obras deste autor máis representadas
en todo o mundo. Mesmo hai unha adaptación á ópera. Esta vai ser a primeira vez
que poidamos escoitala e vela en galego. Para iso contamos coa colaboración do
Instituto Goethe e a magnífica tradución de Catuxa Pato.

A obra sitúa o tema nun novo contexto e entusiasma a espectadores e
espectadoras polo áxil cambio de roles. Os momentos humorísticos con paradoxos,
debuxan un interesante retrato sobre os inmigrantes ilegais e a súa explotación
no mundo occidental.

O conflito central está no mundo mergullado de traballadores “sen
papeis”; Schimmelpfenning sabe tirar desta ideade necesidade, de límite, de
desexo de mudar as condicións de vida para sacar todo o proveito do mundo cunha
mestría única..

 

A seguinte obra do ciclo de
teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, para público
adulto, será Desexo, da compañía Talía Teatro, que terá lugar o xoves 7
de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de
5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...