HomeCulturaUn Nadal interxeracional en Pantón

Un Nadal interxeracional en Pantón

Varias das actividades propostas buscan a relación entre os cativos e os usuarios do Centro de Día. A cita principal será un obradoiro de cociña de Nadal.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Pantón comeza a programación de Nadal co Campamento de Nadal e Reis que se celebrará os días 26,27 e 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Para participar é necesario inscribirse no Edificio Sociocultural.  O día 27 o Salón de Actos do Edificio Sociocultural acollerá  ás 11.30 a representación de Cachopo Máxico, por conta de Lila Teatro.

O día 28 celebrarase un obradoiro de Cociña de Nadal, trátase dunha actividade de interacción entre os nenos do Campamento de Nadal e os usuarios do Centro de Día de Pantón. Tamén o 28 de decembro a partir das 20.00 un Concerto Solidario no salón de actos do Edificio Sociocultural. Actuará a Banda Folk de Ribas de Sil. A entrada é libre previa aportación mínima dun quilo de alimentos non perecedoiros.

O 4 de xaneiro a partir das 12.00 no Centro de Día de Pantón actuará o contacontos Iago López e o día 5 a partir das 18.00 celebrarase o Festival de Reis. A cita será no Edificio Sociocultural con xogos, obradoiros de maquillaxe e tatuaxes ata a chegada dos Reis Magos.

Tamén está en marcha o Concurso de Beléns que organiza o Concello. O concurso está aberto a veciños, asociacións e parroquias. Os interesados deben de inscribirse antes do 30 de decembro no Edificio Sociocultural ou chamando ao 982 45 63 77.

E antes do 28 de decembro teñen que presentarse, tamén no Edificio Sociocultural os traballos do Concurso de Postais de Nadal que organiza o Concello. O Concurso está aberto a nenos de entre 3 e 12 anos. O resultado darase a coñecer durante a Festa de Reis do 5 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...