InicioMedio ambiente e PatrimonioMáis de 800 quilómetros de rutas Xacobeas pasan pola provincia

Máis de 800 quilómetros de rutas Xacobeas pasan pola provincia

Cruzan a provincia 4 rutas recoñecidas oficialmente: Camiño do Norte ou da Costa, Primitivo, Francés e de Inverno, ademais da do Mar, investigada e documentada, o Inglés e o Real.

Publicado o

- Advertisement -

Este 11 de decembro celebrouse o 25 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade e a provincia de Lugo estivo representada na medida  en que é a provincia galega con maior extensión de itinerarios de peregrinación. Algúns aínda non está recoñecidos oficialmente, pero son camiños alternativos que atravesan os concellos da provincia e que supoñen un importante impulso económico e cultural.

Desde a Deputación sinálase a importancia de impulsar a promoción cara ao exterior das rutas de peregrinación lucenses “para xerar riqueza”.

A celebración deste martes incluiu a iluminación dos monumentos máis emblemáticos polos que pasa o Camiño Francés. No caso da provincia de Lugo, o alumeado fíxose sobre na Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro, San Salvador de Sarria e San Nicolás de Portomarín.

Polo sur da provincia pasa a ruta Camiño de Inverno, a asociación camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, que traballa na promoción deste ruta, celebra o día 15 deste mes a súa cea solidaria a beneficio de Cáritas. A cita que se celebrará no restaurante Don  Manuel de Monforte, contará coa actuación de “Os Parentes” de Sober e do mago Alfonso X. Hoxe é o último día para adquirir as entradas, coas que se poden facer no propio restaurante, na imprenta Fénix, librería Agrasar, Muñequita e a parroquia da Estación.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...