HomeCultura'Desexo', da compañía Talía Teatro, este 7 de novembro no Multiusos de...

‘Desexo’, da compañía Talía Teatro, este 7 de novembro no Multiusos de Monforte

Este xoves, 7 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos acolle unha nova obra de teatro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Terá lugar a posta en escena da obra para adultos Desexo, da compañía Talía Teatro, obra escrita e dirixida por Diego Rey e como elenco artístico de Marta Ríos e Dani Trillo. Cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, esta vez dirixida a público infantil e familiar, será La ratita presumida da compañía Tropos, Teatro de Títeres, que terá lugar o domingo, 10 de novembro, no Edificio Multiusos ás 18:00 horas, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...