HomeCulturaLa sombra de la ley, sexta no ‘ranking’ de nomeamentos aos Goya

La sombra de la ley, sexta no ‘ranking’ de nomeamentos aos Goya

O último traballo do monfortino Dani de la Torre opta aos premios estrela do cine español en seis categorías, todas elas relacionadas directamente coa ambientación artística e técnica.

Publicado o

- Advertisement -

Esta mañá tivo lugar na sede da Academia de Cine o acto público no que se deron a coñecer as nomeamentos aos trixésimo terceiros Premios Goya. O director e actor Paco León e a actriz Rossy de Palma foron os encargados de facer lectura da listaxe de aspirantes ás 28 categorías.

Nesta edición presentábanse 151 longametraxes, das que 84 son de ficción, 63 documentais e 4 de animación; 35 curtametraxes, 15 de ficción, 7 documentais e 10 de animación; 16 cintas iberoamericanas e 47 producións europeas. “El Reino” con 13 e “Campeones” con 11 son as películas con máis nomeamentos.

“La sombra de la Ley”, producida pola coruñesa Vaca Films e dirixida polo monfortino Dani de la Torre, recibe 6 nomeamentos en categorías relacionadas coa ambientación. Está nomeada á mellor música orixinal, mellor dirección de fotografía, mellor dirección artística, mellor deseño de vestiario, mellor maquillaxe e perruquería e mellores efectos especiais.

Na categoría de mellor música orixinal os nomeados son Manuel Riveiro e Xavi Font, na de mellor dirección de fotografía Josu Incháustegui, Juan Pedro de Gaspar optará á mellor dirección artística, Clara Bilbao ao mellor deseño de vestiario, na categoría de mellor maquillaxe e perruquería os nomeados son Raquel Fidalgo, Noé Montes e Alberto Hortas e no apartado de mellores efectos especiais os candidatos son Lluís Rivera e Félix Bergés.

No 2016, con “El desconocido”, oito foron os nomeamentos e 2 os Goyas acadados, un para a mellor montaxe e outro para o mellor son. Dani de la Torre fora nomeado nesta ocasión na categoría de mellor dirección novel.

Cartel “La sombra de la ley” nos Cines Hollywood de Monforte / XdL

Todo indicaba que “La sombra de la ley” podería ter un bo feixe de candidaturas para os Goya do vindeiro ano dadas as boas críticas que se estaban xerando ao redor dela e a cousa quedou en 6, todas elas relacionadas directamente coa ambientación artística e técnica. En palabras dun contento Dani de la Torre “non está nada mal, había moita competencia e este ano fixéronse moitas películas”.  A candidatura a mellor director terá que esperar, pero chegará…

Os gañadores aos Premios Goya coñeceranse na cerimonia que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla o sábado 2 de febreiro e os presentadores serán Silvia Abril e Andreu Buenafuente. Nesta mesma gala farase entrega do Goya de honor 2019 ao cineasta Narciso “Chicho” Ibáñez Serrador.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...