HomesociedadeANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

As ANPA do CEIP Plurilingüe de Monforte e do CEIP Plurilingüe A Gándara fan público un comunicado no que instan ao Concello de Monforte de Lemos a asumir a xestión do servizo de madrugadores nos centros públicos da cidade ou, no seu defecto, a solicitar a subvención SI436A convocada pola Xunta de Galicia para programas municipais de conciliación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar posibles vías de colaboración, sen que se concretase ningún compromiso por parte da administración local, que considera que o servizo non é da súa competencia.

As ANPA subliñan que o servizo de madrugadores non é unha actividade extraescolar, senón un recurso esencial de conciliación que require planificación, estabilidade, persoal con formación específica e ratios axeitadas. Na actualidade, continúa funcionando grazas á dedicación voluntaria das familias, que asumen a súa xestión no seu tempo libre e sen compensación económica.

No comunicado tamén lembran que, en reunións anteriores, se lles trasladou que non se concederían máis subvencións nominativas. Porén, este ano figura unha nova subvención nominativa destinada a un novo club deportivo da cidade. Ademais, sinalan que os tres centros concertados contan con subvencións nominativas municipais, mentres que os colexios públicos non dispoñen deste tipo de apoio.

As asociacións consideran que garantir este servizo sería coherente co Plan de Igualdade aprobado polo Concello e coas políticas de conciliación que deben impulsar as administracións públicas. Así mesmo, lembran que a Xunta vén de convocar axudas específicas SI436A para financiar programas municipais de conciliación, polo que entenden que existe unha vía clara para asumir o servizo con estabilidade.

“As familias seguiremos traballando con responsabilidade, pero a conciliación non pode depender do voluntarismo nin substituír o papel que corresponde aos servizos públicos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...