HomeDeportesUn ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

O club Atletismo A Gándara volveu deixar a súa pegada no atletismo galego tras unha actuación sobresaliente no Campionato Galego Sub-16 en Pista Cuberta, celebrado este fin de semana en Expourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que confirman o excelente estado de forma da súa canteira.

Sara Pérez coroouse como a gran protagonista da xornada ao colgarse a medalla de ouro nos 600 metros lisos. Cun tempo de 1:37.82, Pérez dominou a proba con autoridade, demostrando a súa progresión táctica e física.

Mencía Álvarez acadou o segundo chanzo do podio nos 1.000 metros lisos, logrando unha valiosa medalla de prata cun crono de 3:03.08, tras unha carreira de gran nivel competitivo.

Alba Lois completou unha actuación notable na mesma distancia, finalizando na 5ª posición e logrando a súa Mellor Marca Persoal (MMP) cun tempo de 3:11.14.

Pola súa banda, Claudia Carballal debutou con solvencia na elite galega, rexistrando un tempo de 3:35.98 que lle serve para sumar unha experiencia competitiva fundamental de cara a futuras citas.

“Estes resultados son o froito do esforzo diario e a ilusión das nosas atletas. Ver a Sara e Mencía no podio, e a Alba superando a súa propia marca, motívanos a seguir traballando nesta liña”, sinalan dende a directiva do club.

Con esta actuación, o Atletismo A Gándara reafirma a súa posición como un dos referentes do atletismo de base en Galicia, levando o nome de Monforte ao máis alto do podio autonómico. Tras este éxito, as atletas xa poñen a vista nos vindeiros obxectivos da tempada de pista Cuberta xa que Sara e Mencía participarán no Campionato de España que se Celebrará o 7 e o 8 de marzo en Salamanca.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...