HomeCulturaChantada acolle este 12 de novembro a gravación do último programa de...

Chantada acolle este 12 de novembro a gravación do último programa de “Acó, Aló e Acolá”, próxima estrea na TVG

Ás 13:00h na contorna da Praza de Santa Ana, os presentadores ofrecerán un monólogo aberto ao público no que abordarán, desde o humor, o tema protagonista nesta ocasión, cambio climático e a viticultura rexenerativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 12 de novembro, grávase en Chantada o programa “Acó, Aló e Acolá”, que conducen os cómicos, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas. Trátase dun novo programa que próximamente emitirá a TVG e que viaxa a un total de 13 concellos galegos cunha proposta de humor vinculada a diferentes temáticas de interese.

Así en Chantada abordarase o cambio climático e a viticultura rexenerativa. O autobús do programa estará na Praza de Santa Ana desde as 9:30h desde martes, 12 de novembro. Ao redor das 11:00h, no Bar Cantón, terá lugar un faladoiro sobre o tema no que participarán catro veciños/as de Chantada con Manuel Manquiña e Víctor Fábregas.

Pola tarde gravarase unha entrevista en Belesar co convidado a este programa, o enxeñeiro medio ambiental, Antonio Roade. A axenda da produtora, Ézaro Films, completarase nesta xornada coa gravación, na Casa da Música de Chantada da actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Tradicional.

O Concello de Chantada será, polo tanto, o concello no que se grave o último episodio desta nova proposta televisiva, “Acó, Aló e Acolá”, que se estreará próximamente na TVG.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...