HomeCultura'Viaxe interior de Pedra e Auga': mostra fotográfica en Taboada

‘Viaxe interior de Pedra e Auga’: mostra fotográfica en Taboada

O sábado 16 de novembro ás 13:00 h, a Casa da Cultura acollerá a inauguración da exposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o mes de novembro e decembro, o fotógrafo Xaime Cortizo convida a coñecer e gozar dunha colección de fotografías que terá na Casa da Cultura de Taboada.

A mostra presenta unha colección de fotografías que simbolizan o seu percorrido persoal na procura constante de beleza e harmonía. A exposición, que se inaugura este sábado 16 de novembro ás 13:00h, percorre o camiño que iniciou cos seus primeiros traballos en fotografía analóxica ata chegar ás paisaxes da Ribeira Sacra, onde agora exerce como viticultor.

As imaxes inclúen lugares emblemáticos de Galicia e unha selección de instantáneas da súa obra Gárgolas de Compostela. Con esta mostra, Xaime pretende ofrecer unha nova visión sobre o vínculo profundo entre o ser humano e o seu entorno natural e cultural.

Na inauguración ofrecerase unha degustación de produtos locais e tamén haberá un brinde con viños da Ribeira Sacra, nun tributo á riqueza natural e cultural.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...