HomeCultura“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

O Pazo de Tor acolleu este mércores unha actividade interxerneracional na que participaron alumnado do CEIP A Gándara e persoas usuarias do Centro de Día de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas ou obras que reflicten o impacto da desigualdade e a discriminación das mulleres ao longo da historia. Tamén compartiron unha actividade lúdica -abrazos de cores – que puxo o foco na necesidade da educación en igualdade para identificar a violencia e para crear relacións afectivas sás.

A actividade súmase ás visitas guiadas que se están a desenvolver ao longo deste mes de novembro nos museos provinciais co programa “Rompe o silencio.  Non hai escusa”, que propón itinerarios pensados para visibilizar a pegada da violencia de xénero en obras de arte de distintas etapas históricas, sinalando o impacto que factores como a raza, a clase social ou a idade teñen na forma en que se manifesta a desigualdade.

Xornadas Igualdade Tor / Vicepresidencia Deputación Provincial

Horarios

Museo Provincial de Lugo: Tradución da lei contra a violencia de xénero mediante pezas museísticas. Horario: Sábados de novembro ás 11.00 h.

Museo Fortaleza San Paio de Narla: “SoTERRAdas” – Descubrindo a obra “Delitos carnais” de Luz Darriba e a lenda de Catarina. Horario: Sábados de novembro ás 12.00 h e ás 17.00 h.

Museo do Mar: “Mareas de cambio” – Loitando pola eliminación da violencia contra as nenas. Horario: Sábados de novembro ás 12.00 h.

Xornadas Igualdade Tor / Vicepresidencia Deputación Provincial

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...