HomeCultura"A cantiga máis longa" este 24 de novembro na igrexa de San...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A actuación, incluída no I Ciclo de Música Medieval Lugo De Trovas e Cantigas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, céntrase na interpretación da cantiga 115 das Cantigas de Santa María, coñecida como a máis extensa deste obra da lírica medieval en lingua galega atribuída a Afonso X. O concerto será ás 17:30h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas, coa arpa, adaptan esta peza tan especial a unha audiencia actual, desde a coherencia e o respecto aos manuscritos nos que se conservou o Códice Rico, o Códice dos Músicos e o Códice de Toledo. A actuación compleméntase coa proxección do texto da versión da cantiga en galego moderno, adaptada por Henrique Monteagudo, e das miniaturas coas que se representou a cantiga no Códice Rico.

O concelleiro de Cultura de Taboada, Manuel Diéguez, convida a asistir “a este concerto que amplia e diversifica a axenda cultural do concello, poñendo en valor un ben patrimonial como a igrexa de Bembibre, un dos mellores expoñentes do patrimonio do románico en Taboada”

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, destaca que “ademais de contribuír a visibilidade do patrimonio arquitectónico, este ciclo musical incide no traballo que se ven desenvolvendo para poñer en valor o patrimonio musical que o Centro de Artesanía e Deseño atesoura en relación coa construción e o estudo dos instrumentos medievais, que supoñen unha oportunidade para o intercambio con outras tradicións musicais europeas”.

O Ciclo de Música Medieval que agora chega a Taboada iniciouse en abril pasado no Centro de Artesanía e Deseño, e continuou cunha actuación da formación Malandança no mosteiro de Samos e a do laudista, Borj Zuljan, na Igrexa de San Martiño de Mondoñedo, en Foz

ÚLTIMAS

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra...