HomeCulturaNovo Faladoiro en Quiroga con Silvia Martínez este 27 de novembro

Novo Faladoiro en Quiroga con Silvia Martínez este 27 de novembro

Este mércores, a partir das 18:00h, desenvolverase un novo Faladoiro na Biblioteca do Centro Social. A nova convidada será Silvia Martinez, quiroguesa que puxo en marcha o proxecto Barvantia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Silvia Martínez falará sobre o emprendemento e a creatividade. Con formación en economía e márketing, no ano 2021 decidiu emprender un proxecto relacionado co Camiño de Santiago, que ten como principal actividade ofrecer eventos organizados para quen fai o Camiño de Santiago en autocaravana ou en furgoneta camper.

Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais, será unha vez máis o moderador da charla na que se coñecerá o proxecto emprendedor desta quiroguesa que viu nicho de mercado axudando a organizar viaxes e mellorando a experiencia de autocaravanistas e campers que peregrinan a Santiago. Silvia tamén dará a coñecer a súa actividade nas redes sociais e os eventos que organiza para este colectivo.

Os faladoiros desenvólvense os derradeiros mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...