HomeMedio ambiente e PatrimonioO concello de Monforte, nos órganos de dirección da Rede de Xuderías...

O concello de Monforte, nos órganos de dirección da Rede de Xuderías de España

O Alcalde, José Tome, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada asistiron á 50ª Asemblea Xeral deste organismo celebrada en Hervás, Extremadura.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede de Xuderías de España, Caminos de Sefarad, é unha Asociación constituída por concellos que contan nos seus conxuntos medievais cun patrimonio arquitectónico, histórico, medioambiental e cultural, herdanza das Comunidades xudías que os habitaron no pasado.

Os membros da devandita rede, entre os que está o concello de Monforte de Lemos, actúan de forma conxunta para defender o patrimonio histórico e o legado xudeu promovendo proxectos de ámbito cultural, académicos e relacionados co turismo. No desenvolvemento destas acción tamén promoven o intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo de pobos, culturas e tradicións.

Un dos temas da asemblea celebrada en Hervás foi o nomeamento definitivo dos compoñentes da Mesa de Presidencia quedándose Monforte a vogalía número un.  Tras o reparto das Comisión de Traballo á cidade do Cabe correspondeulle a presidencia da Comisión de Turismo.

A Mesa da Presidencia quedará conformada do seguinte xeito:

Presidencia: Concello de Hervás

Vicepresidencia Primeira: Concello de León

Vicepresidencia Segunda: Concello de Estella-Lizarra e Concello de Lucena

Vogal 1: Concello de Monforte de Lemos

Vogal 2: Concello de Plasencia

Vogal 3: Concello de Segovia

 

 

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...