HomesociedadeNumerosas familias cos seus fillos e fillas asistiron á conta atrás para...

Numerosas familias cos seus fillos e fillas asistiron á conta atrás para inaugurar o Nadal en Chantada

O alcalde, Manuel L. Varela xunto aos concelleiros de Turismo, Pamela Fernández, de Deportes, Belén Vázquez, de Parques e Xardíns, Diego Otero e Medio Ambiente, Xaquín Diéguez estiveron presentes no acendido do que participaron moitas familias que non se quixeron perder este momento tan especial. Despois dunha conta atrás que seguiron moitos nenos e nenas o Nadal quedou inaugurado en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través das concellarías de Cultura e Parques e Xardíns, encargouse un ano máis de vestir a vila para este Nadal. Nos últimos días apurouse a montaxe do Poboado de Nadal, a iluminación e a decoración doutros espazos da capitalidade municipal, de modo que este xoves pola tarde dábase todo por inaugurado co acendido da iluminación artística.

O Concello segue apostando por unha decoración sostible con materiais reutilizados que recrean aspectos da tradición de Chantada e das súas xentes. Ao tempo aumentáronse as luces e as rúas e prazas nas que se instala esta iluminación festiva. Todo co obxectivo de contaxiar o espírito do Nadal entre veciños e visitantes e dinamizar comercio e hostalería.

O Poboado de Nadal, un dos elementos definitorios do Nadal en Chantada, deixa este ano a Praza do Cantón con motivo das obras para a posta en marcha do Museo de Manuel Jorge e lévase ata a Praza do Mercado e a da Paz.

Así na Praza do Mercado montouse o Poboado coas barcas de feira, coa banda de música, coa familia. Cóntase con animais domésticos e salvaxes, burros, pitas, coellos, ourizos cachos, cervos,… Con este escenario vólvese a recrear a casa de Papá Noel co acompañamento doutras casiñas, punto clave onde nenos e nenas poderán ter un encontro con el.

Pola súa banda na Praza da Paz instalouse un Poboado simulando a vila coas súas casas antigas, a Casa do Concello, a igrexa,… Alí atópanse tamén Reis Magos, o Belén co neno Jesús nun cesto como chiscadela á nosa viticultura da Ribeira Sacra ou o Tren do Nadal.

Nadal 2024 Chantada / Concello de Chantada

A Praza de Galicia decorouse cunha grande árbore de Nadal, cunha zorra (trineo), e preparouse un espazo para o Photocall característico para lembrar estas festas. Este ano neste espazo o Concello de Chantada pon en valor o seguir sendo unha Vila en Flor.

A zona de Leonardo Rodríguez conta con detalles decorativos que reflicten de modo simbólico as 36 parroquias e barrios da vila, Castro Pousada, Bon Xesús, Barrio de Marín,…

“A decoración está pensada para o desfrute de veciños/as e visitantes. Pedimos que a coiden, que a respecten e que gocen de todas as propostas que elaboramos para este Nadal. Cada ano imos ampliando novas zonas para chegar coa decoración de Nadal a máis lugares e contaxiar ese espírito nos comercios, na hostalaría e en toda a veciñanza e familia que nos visite”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, que anima a que xente a que se achegue a Chantada nesta época.

En canto á programación para estas Festas, despois da inauguración da decoración, a primeira cita será o 20 de decembro ás 17:00h na Biblioteca Municipal co contacontos interactivo,Nadal en Prácticas.

Nadal inauguración iluminación 2024 Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...